InicioCULTURAA Coruña sae en defensa da súa lingua ante o ataques arredor...

A Coruña sae en defensa da súa lingua ante o ataques arredor da nosa toponimia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Con indignación, pero tamén con retranca, recibiu o pobo galego os ataques á nosa lingua protagonizados polo colectivo de Hablemos Español. Esas provocadoras pancartas sobre a nosa toponimia xa se convertiron en tendencia nas redes sociais, facendo burla do xa superado intento por recastelanizar os topónimos oficiais.

Ademais dos carteis colocados en Sanxenxo, A Coruña ou Ourense, a sociedade tuitera ten feito verdadeiras demostración de sarcasmo.

carteis espanol

Creacións humorísticas creadas na rede
Creacións humorísticas creadas na rede

Esta mañá, ademais celebrouse unha concentración no Obelisco convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Un evento paa defender a lexislación vixente trala publicación dun manifesto na súa páxina web que recibiu máis de 7000 sinaturas de apoio en menos de 48 horas.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordou que “a toponimia fala da Historia, da cultura e da lingua dos pobos” e que, polo tanto, “agredir a toponimia galega é agredir o pobo galego”. Neste sentido, criticou duramente as “campañas de odio, vidas desde fóra, que pretenden borrar a pegada que o pobo galego deixou no seu territorio, no noso territorio” e salientou a rápida e contundente resposta do pobo galego, que “non está disposto a ser humillado por ninguén” e, por iso, “respostou masivamente rexeitando as campañas de odio contra o galego”.

Maceira denunciou, sen embargo, a falta de resposta dos poderes públicos. “O máis preocupante”, abundou, “é o amparo dos poderes públicos a estas agresións, como o apoio da xefatura do Estado ou da presidencia da Xunta ao Foro que deturpa a toponima da Toxa ao final de cada verán”. Neste sentido, recordoulle ás administracións galega e española que “a cidadanía galega falou estes días alto e claro”, recordando “que os nosos lugares se chaman en galego”.

A Mesa recorda que os poderes públicos deben actuar en defensa da lei e contra o uso reiterado e sistemático das formas deturpadas tanto nesta campaña publicitaria como na sinaléctica, nos medios de comunicación ou mesmo mapas dixitais como os de Google. 

ÚLTIMAS

Parque Ciudad “Monte Martelo”, un parque que cambia unha cidade

Hai proxectos que cambian a fisionomía dun barrio. E tamén hainos que cambian a...

Atopan con vida ao home de 81 anos desparecido dunha residencia de Cambre

A Garda Civil atopou na mañán deste luns a un ancián desaparecido de forma voluntaria...

Crúa derrota do CRAT na final da Liga Iberdrola de Rugby

Disputaba o CRAT toda unha final estatal. O equipo de rugby femininio da cidade...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here